27/10/12

             Chegou o outono e os nenos/as das diferentes aulas  encargáronse de recoller algúns dos froitos propios desta estación: marmelo, castañas, landras, piñas e piñóns, millo, noces e cabazas .
  


As cabazas son da colleita  deste ano da horta do noso cole. Saíron ben boas!!!!!!!!!!!!!!
        Algúns tamén trouxeron   as follas das árbores e plantas que dan estes froitos.Os titores nas aulas aproveitaron para traballar un pouquiño de Coñecemento do Medio  e todos disfrutamos das charlas informais que o coidador ofrece ós  nenos/as sobre micoloxía..........Xa son uns expertos na materia!!!!!!!!!



 Non esquezades que  o  Equipo encargado da Biblioteca  ofrécenos unha escolma  de contos e .....para o que  queira descubrir máis cousas  unha chea de libros que vos ensinarán moitas máis cousas sobre este tema.